CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

Acrobacias, lume e toques de humor con Desastronauts no Barco

 

A praia fluvial do Malecón do Barco convertíase na tarde do 11 de setembro nunha especie de pista de circo. Nela desenvolvíase o espectáculo de teatro-circo “Máis alto aínda” da man de Desastronauts. Ante un numeroso público despregaba un amplo abano de acrobacias, malabares, nalgúns casos con lume, aderezados de humor.

Con esta singular proposta, realizada con aforo limitado e respectando as medidas de seguridade fronte ao Covid, vén de abrirse o programa cultural alternativo “O Cristo 2020” do Concello do Barco.

Fotos: A.R.

 

Artigos relacionados

Back to top button
Close