CulturaCultura

Actitudes para enfrontarse ao cambio

Conferencia de Dosindo Blanco na Casa da Cultura de Trives
Foto: Carlos G. Hervella
Foto: Carlos G. Hervella
Foto: Carlos G. Hervella
Foto: Carlos G. Hervella

Cómo impactan os cambios da sociedade actual nas nosas vidas, cómo enfrontarse a eles, cómo lograr resultados diferentes… Son algunhas das cuestións que plantexaba e ás que trataba de dar resposta Dosindo Blanco Arias na conferencia que impartía na tarde do 22 de agosto na Casa da Cultura de Trives. Blanco, que é natural de Soutelo (Manzaneda) comentaba a importancia da actitude que se tome ante a vida e aportaba unha serie de recomendacións para xestionar emocións e estados de ánimo como o entusiasmo ou a alegría. “É importante decidir o que tes que facer coa túa vida e cándo o tes que facer. Loitar non asegura o éxito, pero chorar garantiza o fracaso e hai xente que vive permanentemente no lado escuro”, aseguraba.

A súa charla complementouse coa proxección de varias pezas audiovisuais e remataba cunha mensaxe optimista: as persoas non somos perfectas, sen embargo as actitudes ante a vida pódense cambiar, aínda que para facelo antes é necesario “tomar conciencia dun mesmo” e “aceptar a realidade”.

Texto: A.R. Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button