ConcellosÚltima hora

Activada a alerta amarela por neve en boa parte da provincia de Ourense

Avisos activados para o venres 4 de decembro./ Fonte: AEMET.

 

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) ten activado para mañá venres, 4 de decembro, o aviso amarelo por nevadas no conxunto da provincia de Ourense. No caso da montaña ourensá espérase unha acumulación de neve en 24 horas de 10 cm por riba dos 1000 m, mentres que no resto da provincia (comarca de Valdeorras, noreste e sur de Ourense) a acumulación de neve prevista en 24 h é de 3 cm, e espéranse por riba dos 500 – 600 m.

Ademais AEMET mantén o aviso amarelo por neve para a xornada do 5 de decembro na montaña ourensá, cunha acumulación de neve en 24 horas de 10 cm a partir dos 1.000 m.

Artigos relacionados

Back to top button