En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Activada a alerta por desbordamento no río Sil nun dos seus puntos no Barco

A riada do Sil ao seu paso polo Barco superaba ese umbral na noite do 31 de xaneiro

Cunha gran cantidade de metros cúbicos por segundo pasa o caudal do río Sil polo Barco de Valdeorras. Os picos máis altos da crecida rexistrábanse na noite do 31 de xaneiro, na que se activaba nun dos puntos a alerta por desbordamento. Así ás 23h. unha das estacións da Confederación Hidrográfica Miño-Sil rexistra no río unha altura de 3,37 m, mentres que as 11h. desta mañá de 1 de febreiro descendía aos 2,78, se ben segue rozando o nivel de alerta.

A outra das estacións do organismo de conca rexistraba noutro punto unha altura de ata 8,12m ás 21h de onte, sendo ás 11h. desta mañá de 7,72 m nese mesmo punto.

Fotos: A.R./ Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button