En portadaÚltima hora

Activado o nivel de prealerta por desbordamento no río Sil ao seu paso polo Barco

 

A Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CMSH) vén de activar o nivel de prealerta por inundación no río Sil ao seu paso polo Barco. O nivel do río pasou nun dos seus puntos de 3,28 ás sete da tarde deste 16 de decembro a 3,54 m, nivel que se mantiña na última medición rexistrada ás 22h. Ademais a tendencia prevista é que siga medrando o caudal, segundo os datos da CHMS.

Noutro dos seus puntos ao seu paso polo Barco superouse tamén o nivel de activación ao chegar o nivel do río dos 8,40 metros a partir das 21h. A tendencia que se reflexa nos datos da confederación é que pode seguir crecendo.

Fotos: A.R.

Fonte: Confederación Hidrográfica do Miño-Sil.

Artigos relacionados

Back to top button