EconomíaEconomíaÚltima hora

Actívase en Galicia unha nova liña de financiamento para inxectar liquidez inmediata a Pemes e autónomos polo Covid-19

A partir de mañá poderán solicitarse os apoios que ofrece para atender as necesidades máis inmediatas, como o pago de salarios, facturas, alugueiros ou impostos

 

O Diario Oficial de Galicia (DOG) deste 1 de abril vén de publicar unha nova liña de financiamento destinada a inxectar liquidez a Pemes e autónomos para que poidan facer fronte ás consecuencias provocadas pola situación de emerxencia sanitaria na súa actividade empresarial.

“A partir de mañá, as empresas e o colectivo autónomo galegos poderán solicitar os apoios que ofrece para atender as necesidades máis inmediatas, como o pago de salarios, facturas, alugueiros ou impostos. Cunha dotación de 30 millóns de euros, a nova liña permitirá a mobilización de 250 millóns de euros en préstamos entre o tecido empresarial galego, que contribuirán a paliar os efectos do coronavirus no tecido empresarial galego. En concreto, a nova liña avalará entre 3000 e 200.000 euros de importe por cada negocio e os beneficiarios disporán de prazos de amortización de ata catro anos con un de carencia, cun máximo dun 1,50 por cento de xuros, que serán bonificados ao cento por cento pola Xunta, facéndose cargo deles”, segundo a Consellería de Economía.

Este programa instruméntase a través dun convenio de colaboración da Xunta de Galicia no que participan as sociedades de garantía recíproca (SGR) Afigal e Sogarpo. Con este acordo, o Igape reavala a cobertura das SGR nun 25%, polo que o límite da garantía conxunta –sumada á que ofrece o Estado a través do Cersa– acada o 80% das operacións acometidas.

Máis información: https://ceei.xunta.gal/coronavirus/axudas-economicas.

Artigos relacionados

Back to top button