ConcellosO BarcoÚltima hora

Actividade de observación astronómica no Barco na noite do 3 de agosto

 

A área recreativa do Salgueiral (O Barco) acollerá a vindeira semana unha actividade de observación astronómica. En concreto será o día 3 de agosto ás 22:15h. Esta actividade de observación astronómica forma parte do programa “O teu Xacobeo- As estrelas no Camiño”, no que participan o Xacobeo 20-21, O Observatorio Astronómico Ramón María Aller, a Universidade de Santiago e o Concello do Barco.

A actividade terá unha charla introductoria breve con apoio audiovisual e despois todos os asistentes poderán contemplar, a través de telescopios electrónicos, o ceo de agosto coa chuvia de estrelas, a Lúa, Xúpiter, Saturno, etc. Todo co asesoramento de expertos da USC. É necesario reservar praza para poder asistir.

Artigos relacionados

Back to top button