CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotosÚltima hora

Actividade interxeracional na Rúa polo Día da Muller

Desenvolvíase na mañá do 8 de marzo na Casa da Cultura coa participación de alumnado rues e de empresarios do municipio

A partires das once da mañá deste 8 de marzo desenvolvíase na Casa da Cultura da Rúa unha actividade interxeracional a prol do apoderamento feminino promovida pola Cruz Vermella Xuventude e polo Plan de Emprego da Asemblea Comarcal da Cruz Vermella en Valdeorras. Nela participaban representantes empresariais deste municipio e tamén alumnado de centros educativos rueses.

No decurso do acto presentouse o deseño de 30 camisetas realizadas por estudantes do IES Cosme López Rodríguez, do CEIP Manuel Respino e do CPR Pablo VI, baixo a temática do apoderamento da muller. Ademais eran o propio alumnado o que explicaba nesta actividade a mensaxe que querían comunicar cos seus debuxos. As camisetas estaban ademais expostas formando un tendal.

Ademais, segundo se informa dende a Cruz Vermella, os representantes da Asociación Cultural San Cristóbal colaborarán expoñendo nos seus escaparates estas camisetas co fin de reforzar a súa mensaxe.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button