ConcellosÚltima hora

Actividades culturais esta fin de semana en Vilariño de Conso e Laza dentro de “Vive o Camiño”

No caso de Vilariño o programa terá lugar o 13 de outubro e incluirá unha ruta, obradoiros e gastronomía

Vista da vila de Vilariño de Conso./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

O programa Vive o Camiño dinamiza, que aposta por pór en valor o patrimonio xacobeo da Vía da Prata a través de diversas actividades fai parada na vindeira fin de semana nos municipios Vilariño de Conso e Laza.

No caso de Vilariño os actos terán lugar o domingo 13 de outubro. Ás 10,30 horas. partirá un grupo desde o Concello para percorrer a Ruta dos Soutos. Xa pola tarde, ás 16 horas, celebrarase un obradoiro para adultos e outro, ás 17 horas, para o público infantil. Os talleres, así como a actividade enogastronómica que se celebrará ás 18 horas, terán lugar no albergue turístico de Vilariño de Conso.

No caso de Laza, as actividades terán lugar o sábado 12 de outubro e arrancarán ás 10,00 horas cunha ruta ao Petróglifo das Pisadiñas desde a igrexa da Retorta. A continuación, celebraranse dous obradoiros: un para adultos, ás 15,30 horas, e outro, ás 18,00 horas, deseñado para os máis pequenos. A axenda rematará ás 18,00 horas coa actividade Cata o Camiño. Todas estas iniciativas se levarán a cabo no auditorio do Concello.

Máis actividades en outubro

Ademais, ao longo do mes de outubro a iniciativa Vive o Camiño, promovida pola Xunta, chegará a Vilardevós (sábado 19), Oimbra (domingo 20), Verín (sábado 26) e Monterrei (domingo 27). Os interesados en participar en calquera destas actividades, gratuítas pero con necesidade de inscrición previa, poderán reservar praza chamando ao número de teléfono 722876073.

 

Artigos relacionados

Back to top button