ConcellosÚltima horaViana do Bolo

Actividades de conciliación neste verán en Viana do Bolo

O Concello vén de abrir o prazo de inscricións para a ludoteca e o campamento de verán

 

Dende o Concello de Viana do Bolo vén de abrirse o prazo de inscrición para as Actividades de Conciliación deste verán 2022. “Neste ano 2022 a Ludoteca e Campamento virán cargados de novidades e melloras co fin de lograr unha conciliación máis efectiva para as familias”, adiantan dende o Concello, indicando que se aumenta “o número de horas da Ludoteca de Verán (de 10 a 14 h)”, así como o número de días de duración da Ludoteca e Campamento (do 11 de xullo ao 19 de agosto) e o número de prazas ofertadas (50 nenos/as)”.

Tamén se amplía o rango de idade dos/as participantes, xa que a Ludoteca ofertará prazas a partir de 3 anos.

Para inscribirse é necesario cumplimentar, asinar a “Solicitude de inscrición” para cada unha das actividades (Ludoteca e Campamento) e a “Autorización de tratamento de datos persoais”. A documentación deberá presentarse no Rexistro do Concello de Viana do Bolo de forma presencial ou telemática.

 

 

Os prazos de inscrición son os seguintes:

Ludoteca: do 13 ao 28 de xuño

Campamento: do 13 de xuño ao 15 de xullo

As actividades serán totalmente de balde para as familias e estarán financiadas pola Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia e o Concello de Viana do Bolo.

Artigos relacionados

Back to top button