CulturaEducaciónOurenseÚltima hora

Actividades de lecer e formativas para os escolares ourensáns na Semana Santa

Serán promovidas dende a Concellería de Educación de Ourense e achegarán aos cativos á natureza, á lectura e á arte, con diferentes propostas na Aula de Oira, as bibliotecas e o Museo Municipal
Presentación do programa de Semana Santa para os escolares ourensáns.
Presentación do programa de Semana Santa para os escolares ourensáns.

No marco da Semana Santa a Concellería de Educación despregará un amplo programa de actividades formativas e de lecer para escolares da cidade. Presentábase na mañá do 8 de abril e desenvolverase en tres espazos diferentes: o Museo Municipal, a Aula de Natureza do río Miño e as bibliotecas municipais. Con elas preténdese, segundo sinalaba a edil ourensá de Educación, Ana Garrido, fomentar alternativas atractivas para nenos e nenas durante o seu tempo libre ao tempo que fomentar a conciliación laboral das familias ourensás durante estas datas de vacacións escolares.

Así o Museo Municipal acollerá un obradoiro sobre o mundo da arte co fin de aproximar aos nenos á comprensión da arte, da cor e das diferentes formas de expresión artística, entre outras cuestións; mentres que nas bibliotecas municipais (A Ponte, A Carballeira, San Francisco e punto de animación á lectura do Couto) haberá actividades vencelladas coa lectura, e na Aula da Natureza do río Miño, en Oira, organizaranse divertidas actividades baseadas na natureza e o medio ambiente.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button