O programa DiverTrives desenvolverase do 1 de xullo ao 29 de agosto
O Concello de Trives vén de presentar o programa DiverTrives 2014, con actividades de ocio, divertimento e formación (obradoiros, sendeirismo, piscina…) para que os máis pequenos da vila disfruten e aprendan durante o verán.
O programa comenzará a desenvolverse o vindeiro 1 de xullo e prolongarase ata o 29 de agosto en horario de 10:30 a 13:30h. de luns a venres, con actividades agrupadas en semanas temáticas.
Os participantes, nados entre 2001 e 2009, deberán inscribirse na Biblioteca Municipal.
Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O Sil