OurenseÚltima hora

Actividades medioambientais da CHMS con alumnos dos CEIP Curros Enríquez de Ourense e Castiñeiro de Laza

O obxetivo é "fomentar o coidado e respecto pola agua e o medio ambiente así como a súa importancia para a vida"

Publicidade

 

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS) pon en valor o medio ambiente e o aforro de auga a través de distintas actividades de educación ambiental que se desenvolven ao longo do ano. Na xornada deste martes 7 de xuno, un cento de escolares dos CEIP Curros Enríquez de Ourense e Castiñeiro de Laza viviron senllas xornadas ambientais nos ríos Miño e Navea, respetivamente.

Estas actividades están enmarcadas nos proxectos ‘Gústame O meu Río, ensíname a coidalo’ e ‘Reservas Naturais Fluviais da Demarcación do Miño-Sil’, co obxectivo de fomentar o coidado e respecto pola auga e o medio ambiente e a súa importancia para a vida.

Os alumnos do CEIP Curros Enríquez, comezaron a xornada visitando o Centro de Control de Conca (CECU) onde puideron comprobar como se reciben, vía satélite, case en tempo real e cunha frecuencia cincominutal, os valores hidro-meteorolóxicas e de calidade das augas medidas polas máis de 120 estacións de control repartidas ao longo do 17.600 km2 da demarcación. Despois, o grupo formado por 50 alumnos (5º de primaria) trasladouse á beira do Miño en Oira para, nesta terceira saída, chequear o estado do río nesta época do ano, a través da presenza de macroinvertebrados acuáticos, bosque de ribeira, análise de temperatura e ph, entre outros parámetros.

 

 

Pola súa banda, os alumnos do CEIP Castiñeiro de Laza, acudiron a visitar a Reserva Natural Fluvial do Navea. A actividade comezou cunha introdución sobre a figura das Reservas Naturais Fluviais (RNF), conceptos básicos do ciclo da auga e a definición académica de río. A xornada continuou con distintos talleres ambientais sobre o estado ecolóxico do río, as funcións da vexetación de ribeira e un xogo sobre as diferentes especies de flora e fauna que podemos atopar nos ríos galegos, a través do ‘Xogo do Intruso’.

“Desde a CHMS apostamos por programas de educación ambiental porque consideramos necesario interiorizar, desde a infancia, que a auga imprescindible e limitada e que habemos de asumir a responsabilidade e o papel do ser humano na conservación e coidado dos ríos, valorando o recurso como factor crave no sustento dos ecosistemas naturais”, asegura o presidente da confederación José Antonio Quiroga.

 

Artigos relacionados

Back to top button