CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Actividades para celebrar o Día do Libro Infantil na Biblioteca do Barco o 7 de abril

Libros infantís na Biblioteca Pública Municipal do Barco.

 

No marco da celebración do Día Internacional do Libro Infantil, cuxa data é o 2 de abril, a Biblioteca Municipal Florencio Delgado Gurriarán, do Barco, organizará este sábado, día 7 de abril, unha serie de propostas dirixidas a nenos e maiores.

As actividades celebraránse a partir das 11:30 horas, baixo o lema “Os libros fan grande ó máis pequeno”. Todos os nenos e adultos que se queiran achegar á biblioteca para ler ou contar un conto poderán facelo. Os pequenos que participen nesta actividade recibirán ademais un libro como agasallo.

 

Cartel da celebración.

 

Artigos relacionados

Back to top button