CulturaCulturaÚltima hora

Actividades para “implicar a poboación no Camiño de Inverno”

A Asociación de Amigos do Camiño de Santiago por Valdeorras presentan propostas aos alcaldes dos concellos polos que pasa a ruta
Presentación das iniciativas no Pazo do Castro. /Foto: Carlos G. Hervella.
Presentación das iniciativas no Pazo do Castro. /Foto: Carlos G. Hervella.

A consideración do Camiño de Inverno como ruta xacobea recoñecida oficialmente pola Lei do Patrimonio de Galicia, que entrará en vigor proximamente é sen dúbida unha boa nova tanto para o Camiño en si e todas as persoas que tanto levan loitado polo seu recoñecemento, como para os pobos polos que pasa. Con todo, é aínda escasa a implicación da poboación, en moitos casos por puro descoñecemento.

Por iso, dende a Asociación de Amigos do Camiño de Santiago por Valdeorras veñen de presentar aos alcaldes dos concellos polos que pasa a ruta que chega a Galicia pola entrada natural, unha serie de propostas “para que toda a xente da comarca sinta o Camiño como seu e se implique. Que Valdeorras sexa visible no mapa en relación ao Camiño e os valdeorreses sexan conscientes”, en palabras da presidenta Asunción Arias.

Membros da directiva da Asociación do Camiño de Santiago por Valdeorras coa concelleira de Turismo do Barco, Irene Dacal. /Foto: Carlos G. Hervella.
Membros da directiva da Asociación do Camiño de Santiago por Valdeorras coa concelleira de Turismo do Barco, Irene Dacal. /Foto: Carlos G. Hervella.

Así, co obxectivo de involucrar á población valdeorresa no Camiño de Inverno, son dúas as iniciativas propostas inicialmente, susceptibles de que vaian xurdindo outras. Por un lado, unha actividade cultural sobre a historia e a natureza do Camiño, a cargo do Instituto de Estudos Valdeorreses e outras persoas de recoñecido prestixio e coñecemento da materia. E por outra banda, a organización dunha peregrinación a Santiago de Compostela, en autobuses, coincidindo coa chegada dos que cada ano a fan a pé, nun sábado do mes de setembro, asistir á Misa do Peregrino e realizando unha “invocación ante o Apóstolo”.

Á presentación das iniciativas tiña lugar na mañá do 14 de xuño no Pazo do Castro, no Barco de Valdeorras.

Artigos relacionados

Back to top button