ConcellosÚltima hora

Actividades sobre a reciclaxe de vidro no Barco

A campaña de Ecovidrio “Juega y aprende con Mr. Iglú” chega a Valdeorras
A mascota da campaña de Ecovidrio, Mr. Iglú.
A mascota da campaña de Ecovidrio, Mr. Iglú.

Mañá, sábado 13 de xuño, de 11 a 14 e de 17 a 20h. instalarase no paseo do Malecón no Barco de Valdeorras (á altura do cruce coa rúa Academia Dequidt), unha carpa con actividades sobre a reciclaxe de vidro do programa “Juega y aprende con Mr. Iglú”. A carpa disporá dunha zona informativa, mascotas, obradoiros e xogos de Ecovidrio.

Mr. Iglú é unha mascota que capta a atención dos viandantes e que actúa como mestre de cerimonias e de reclamo do espazo, animando aos nenos a
participar das actividades e obradoiros, etc.

Entre os obxectivos que Ecovidrio persegue con esta campaña están informar e concienciar, dunha forma tanto lúdica como técnica, á poboación sobre a importancia de reciclar correctamente, prestando especial atención ao relativo a residuos de envases de vidro; incrementar a proporción de recollida dos residuos de vidro destinados a reciclaxe e
a calidade dos mesmos; ou clarexar dúbidas, sobre todo na liña de recollida do contenedor verde para a recollida de envases de vidro.

Artigos relacionados

Back to top button