En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Estabilizado o incendio forestal en Ribas de Sil

O lume, cuxo fume chegaba pola noite ata a comarca de Valdeorras, afecta a unhas 100 hectáreas

En torno ás 20h. do 19 de xullo comezaba un lume no concello lucense de Ribas de Sil, parroquia de San Clodio, que, segundo as primeiras estimacións feitas públicas pola Consellería do Medio Rural, afecta máis de 100 hectáreas. O lume quedou estabilizado ás 13,40 horas.

No control deste incendio levan traballado 9 axentes, 26 brigadas, 16 motobombas, 2 pas e 9 helicópteros. O fume deste lume chegaba na noite de onte ata a comarca de Valdeorras.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button