ConcellosLaroucoÚltima hora

Activo o lume de Pradoalbar (Vilariño de Conso) e extinguido o de Freixido (Larouco)

Imaxe do incendio en Pradoalbar (Vilariño de Conso)./ Cedida.

 

Permanece activo desde as 20,08 h. de onte un incendio forestal no concello de Vilariño de Conso, na parroquia de Pradoalbar, que afecta o parque natural do Invernadoiro. Segundo as últimas estimacións feitas públicas pola Consellería do Medio Rural, a superficie afectada é de 10 hectáreas. No lugar levan traballando no seu control 2 axentes, 5 brigadas, 1 motobomba, 3 helicópteros e 2 avións.

Por outra banda, o lume rexistrado na parroquia de Freixido, no concello de Larouco, quedou controlado ás 23,40 h. de onte, tras comezar o xoves ás 7,26 h. da mañá.  Ademais quedaba extinguido pasada ás 13h. deste sábado. “Tras a medición con GPS, a superficie afectada foi de 146,42 hectáreas, das cales 70 ha foron arboradas e o resto de monte raso”, segundo os últimos datos facilitados por Medio Rural. Na súa extinción mobilizáronse ata o de agora 20 axentes, 36 brigadas, 25 motobombas, 2 pas, 5 helicópteros e 2 avións.

Artigos relacionados

Back to top button