A MezquitaConcellosTrivesÚltima hora

Activo un incendio en Cádavos (A Mezquita) e estabilizado o de Penapetada (Trives)

Foto: Plan Infocal

 

Dende ás 12:24h. rexístrase un incendio forestal na parroquia de Cádavos (A Mezquita), que continúa activo arestora e que afecta xa a unha superficie dunhas 100 hectáreas en territorio ourensán, segundo as primeiras estimacións. Segundo informa a Consellería do Medio Rural, este incendio entrou dende a provincia de Zamora.

No seu control traballan arestora 3 axentes, 5 brigadas, 3 motobombas e 2 helicópteros.

Penapetada (Trives)

Dende as 17:15h. está estabilizado o incendio forestal que se iniciaba arredor das 13:42h. deste luns 14 de setembro en Penapetada, no municipio da Pobra de Trives. Os medios que traballan na súa extinción son 1 axente, 1 brigada e 1 motobomba, segundo informa a Consellería do Medio Rural.

Artigos relacionados

Back to top button