ConcellosEn portadaÚltima horaVilariño de Conso

Activo un incendio en Pradoalbar (Vilariño de Conso) que afecta ao Parque Natural do Invernadeiro

No concello de Larouco, o lume de Freixido permanece estabilizado e o de Seadur está extinguido, segundo a Consellería do Medio Rural

Incendio activo en Pradoalbar (Vilariño de Conso)./ Foto cedida.

 

Segundo os datos da Consellería do Medio Rural ás 20:08 h. da tarde deste venres 17 de xuño producíase un incendio forestal na parroquia de Pradoalbar, no concello de Vilariño de Conso, que afecta ao Parque Natural do Invernadeiro. Segundo as primeiras estimacións, a superficie é de unha hectárea. No lugar están a traballar no seu control 2 axentes, 2 brigadas, 3 helicópteros e 2 avións.

Con respecto ao lume rexistrado na parroquia de Freixido (concello de Larouco), permanece estabilizado desde as 13:33 h. de hoxe tras comezar onte ás 7:26 h. da mañá. Segundo as últimas estimacións afecta unha superficie dunhas 140 hectáreas. No seu control mobilizáronse ata o de agora 20 axentes, 34 brigadas, 25 motobombas, 2 pas, 5 helicópteros e 2 avións.

Pola súa banda, o lume de Seadur -que se iniciaba o mércores ás 20:59 h.- quedaba extinguido, segundo Medio Rural, ás 20:43 h. desta tarde. Segundo as últimas medicións realizadas co GPS, afectou a unha superficie de 80,93 hectáreas, das cales 77,43 ha foron de monte raso e 3,5 ha arboradas. Na súa extinción traballaron 1 técnico, 16 axentes, 29 brigadas, 28 motobombas, 1 pa, 4 helicópteros e 2 avións.

 

Incendio en Pradoalbar (Vilariño de Conso)./ Foto cedida.

Artigos relacionados

Back to top button