ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Activo un incendio en Vilaza (Monterrei) que leva máis de 20 hectáreas queimadas

Ás 17:54 horas desta tarde de mércores 29 de agosto comezaba un incendio forestal, que permanece activo arestora, na parroquia de Vilaza, pertencente ao municipio ourensán de Monterrei, tal e como se informa dende a Consellería de Medio Rural. Segundo primeiras estimacións afecta unha superficie de máis de 20 hectáreas.

Para extinguir este lume mobilizáronse 1 técnico, 4 axentes, 14 brigadas, 5 motobombas, 2 pas, 12 helicópteros e 5 avións. Segundo puido saber este medio de comunicación, durante os labores de extinción resultou ferido por queimaduras un axente forestais que foi evacuado para ser atendido nun hospital.

Extinguido o incedio de Pradoalbar (Vilariño de Conso)

Por outra banda, ás 19:09 horas desta tarde dábase por extinguido o incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Vilariño de Conso, parroquia de Padroalbar, que afectou ao Parque Natural do Invernadeiro.

Artigos relacionados

Back to top button