En portadaÚltima hora

Activo un incendio forestal con cinco focos en Vilardemilo (Viana do Bolo)

Xa arderon 50 hectáreas, segundo as primeiras estimacións de Medio Rr

 

Ata tres incendios forestais veñen de rexistrarse nas últimas horas no municipio de Viana do Bolo. O último comezaba pasadas as oito e media desta tarde de 23 de xullo na zona de Vilardemilo e ten ata cinco focos, “o que reflicte unha clara intencionalidade”, di a Consellería doe Medio Rural. Segundo as primeiras estimacións, xa arderon unhas 50 hectáreas (datos ás 22:40h.). Parece ser que o lume está collendo cara o Testeiro.

Os medios mobilizados para o seu control son 3 axentes, 9 brigadas, 5 motobombas, 2 pas, 4 helicópteros e 4 avións. Os medios aéreos retiráronse co solpor, indica Medio Rural.

Este municipio sufría outros dous incendios forestais, un deles en Pradocabalos que obrigou a cortar a estrada A Rúa-A Gudiña.

Incendio de Pradocabalos (Viana do Bolo).

 

Ademais, segundo as últimas informacións, pasadas ás 22:30h. vén de detectarse outro incendio nunha zona próxima a Penouta, tal e como pode comprobarse á esquerda desta imaxe.

 

 

Fotos cedidas (a primeira das imaxes da galería é do Brif Laza).

Artigos relacionados

Back to top button