CarballedaConcellosÚltima hora

Activo un incendio forestal en Casaio (Carballeda de Valdeorras)

Imaxe tomada dende a cámara de Meteogalicia en Lardeira./ Foto: Meteogalicia.

 

Nestes momentos está activo un incendio forestal na parroquia de Casaio (Carballeda de Valdeorras). O lume iniciábase ás 13:59h. deste martes 9 de agosto, segundo informa a Consellería do Medio Rural. Nos labores de extinción deste incendio están traballando arestora 3 axentes, 9 brigadas, 5 motobombas, 1 pa, 2 avións e 6 helicópteros.

Segundo os últimos datos de superficie afectada feitos públicos por Medio Rural, este incendio afecta xa a unha superficie dunhas 50 hectáreas estimadas.

En canto se dispoña de máis datos, ampliarase a información.

Artigos relacionados

Back to top button