ConcellosQuirogaÚltima horaVilamartín

Activo un incendio forestal en Cernego (Vilamartín de Valdeorras)

Tamén se rexistra outro lume activo en Rebordechao (Vilar de Barrio), mentres que o de Hospital (Quiroga) está estabilizado

 

Ás 13:31h. deste sábado 12 de setembro vén de iniciarse un incendio forestal en Cernego (Vilamartín de Valdeorras). Arestora estase a traballar na súa extinción e están mobilizados 3 axentes, 4 brigadas, 3 motobombas, 1 pala e 1 helicóptero. Ademais están en camiño outros medios aéreos, segundo informa a Consellería do Medio Rural.

 

 

Incendio en Vilar de Barrio

A provincia rexistra tamén un incendio forestal na parroquia de Rebordechau, no concello de Viar de Barrio. Iniciábase ás 11:52 h. de hoxe. Segundo as últimas estimacións provisionais, afecta unha superficie de máis de 20 hectáreas, tal e como indica Medio Rural.

Esta medición é provisional ata que se parametrice a superficie final afectada. Para o seu control mobilizáronse polo de agora 2 axentes, 7 brigadas, 2 motobombas, 4 helicópteros e 4 avións.

Estabilizado o incendio do Hospital (Quiroga)

Por outra banda, está estabilizado desde as 09:36 h. desta mañá o lume rexistrado no concello lugués de Quiroga, parroquia do Hospital, que se iniciara onte ás 00:03 h.

De acordo coas últimas estimacións provisionais, afecta unha superficie de arredor de 40 hectáreas. Para o seu control lévanse mobilizado 11 axentes, 32 brigadas, 20 motobombas, 2 pas, 7 helicópteros e 6 avións.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button