ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Activo un incendio forestal en Outeiro (Quiroga), que leva queimado máis de 100 hectáreas

Continúa activo o incendio forestal que comezaba ás 17:31 horas do domingo 2 de setembro na parroquia de Outeiro, pertencente ao concello lucense de Quiroga. Segundo a Consellería do Medio Rural, o lume puido deberse a un raio.

Segundo as últimas medicións, afecta unha superficie de arredor de 100 hectáreas. Para extinguir este lume mobilizáronse 1 técnico, 8 axentes, 37 brigadas, 14 motobombas, 2 pas, 11 helicópteros e 3 avións.

Dende Medio Rural sinálase que o incendio “evoluciona favorablemente e está próximo a ser estabilizado”.

 

Imaxe do incendio en Outeiro (Quiroga).

 

Lume estabilizado en Chandrexa de Queixa

Por outra banda, o lume forestal que se iniciaba ás 01:10h. de hoxe en Casteligo (Chandrexa de Queixa) está estabilizado.  Afecta unha superficie de arredor de 20 hectáreas e no seu control levan traballado 3 axentes, 15 brigadas, 4 motobombas, 7 helicópteros e 2 avións.

 

Artigos relacionados

Back to top button