En portadaÚltima hora

Activos 5 lumes na provincia nos concellos da Gudiña, Vilariño de Conso, Laza, Lobios e Vilar de Barrio

O incendio de Pentes, que obrigaba a cortar temporalmente a A-52 onte, chega ás 120 hectáreas

Incendio en Pentes (A Gudiña)./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A provincia de Ourense está resultando especialmente afectada polo lume nesta fin de semana. Continúa activo o incendio forestal que se iniciaba onte ás 20:47 h. en Pentes (A Gudiña). As últimas estimacións provisionais indican que rolda as 120 hectáreas de superficie afectada.

Para o seu control mobilizáronse polo de agora 1 técnico, 6 axentes, 14 brigadas, 9 motobombas, 1 pa e 2 helicópteros. Este lume provocou que o tráfico se vira interrompido temporalmente onte á noite na autovía A-52, quedando de novo restablecido de madrugada.

Sabuguido (Vilariño de Conso)

Está activo desde as 02:22 h. desta madrugada, un lume no concello ourensán de Vilariño de Conso, parroquia de Sabuguido, que segundo as últimas estimacións afecta a unhas 80 hectáreas. Esta medición é provisional ata que se parametrice a superficie final afectada. Para o seu control lévanse mobilizado 2 axentes, 7 brigadas, 4 motobombas, 1 pa, 8 helicópteros e 6 avións.

Laza

Permanece activo desde as 20:29 horas de onte un incendio no municipio ourensán de Laza, parroquia de Camba, que afecta arredor de 40 hectáreas, segundo as últimas estimacións provisionais. Para a súa extinción mobilizáronse ata o de agora 3 axentes, 10 brigadas, 3 motobombas, 2 pas e 4 avións.

Vilar de Barrio

Continúa activo, dende as 11:52 h. de onte, o lume rexistrado no concello ourensán de Vilar de Barrio, parroquia de Rebordechau. De acordo coas últimas estimacións provisionais, afecta unha superficie de arredor 350 hectáreas. Para o seu control mobilizáronse polo de agora 9 axentes, 27 brigadas, 14 motobombas, 2 pas, 10 helicópteros e 14 avións.

Lobios

Dende as 19,40 h. de onte está activo un lume no municipio ourensán de Lobios, parroquia de Río Caldo, que afecta o Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés. Segundo as últimas estimacións, este incendio afecta unha superficie de menos de 75 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse ata o de agora 3 axentes, 14 brigadas, 5 motobombas, 4 helicópteros e 3 avións.

Controlado o incendio de Hospital (Quiroga)

Continúa controlado dende as 20:27 h. de onte o incendio do concello lugués de Quiroga, parroquia do Hospital, que se iniciara o venres ás 00,03 h. Segundo as últimas medicións, afecta 53,09 hectáreas de superficie, das cales 34,12 son arboradas e as 18,97 restantes rasas. Para o seu control lévanse mobilizado 12 axentes, 38 brigadas, 22 motobombas, 2 pas, 7 helicópteros e 6 avións.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button