ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Acto contra a violencia de xénero, na Rúa

Numerosos veciños reuníronse na praza do Concello para lembrar ás vítimas da violencia machista

Na mañá do 25 de novembro, Día internacional contra a violencia de xénero, A Rúa sumábase aos actos reivindicativos que se desenvolveron na comarca baixo o nome de “Valdeorras en negro” para visualizar o significado deste día.

Ás doce da mañá, un numeroso grupo de veciños (mulleres, homes e nenos) reuníanse diante do Concello para rendir homenaxe ás mulleres que faleceron vítimas da violencia machista. Ademais, acompañada por parte da Corporación Municipal, a alcaldesa da Rúa María González Albert lía o manifesto co que se chama á cidadanía para “crer e defender a igualdade entre mulleres e homes como un principio fundamental”.

Máis información sobre este acto en Valdeorras:
https://osil.info/o-barco-contra-violencia-de-xenero/

https://osil.info/concentracion-e-charla-informativa-contra-violencia-machista-en-vilamartin/

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button