Galerías de fotosPolíticaÚltima hora

Acto de apoio dos deputados provinciais socialistas ao alcalde de Vilamartín e á estrada a San Vicente

Este é xa o terceiro día que o alcalde de Vilamartín, Enrique Álvarez, leva pechado no Concello para reivindicar o arranxo da estrada a San Vicente de Leira. En apoio desta demanda, os deputados provinciais socialistas (entre eles o alcalde de Petín, Miguel Bautista) realizaban no mediodía do 9 de marzo un xesto de respaldo ao rexedor e aos veciños deste pobo vilamartín no Pazo da Deputación, ao remate do acto no que se lle outorgaba a medalla de ouro ao escritor xa falecido Carlos Casares.

Nas escaleiras do pazo provincial, sentábanse e sacaban unha serie de carteis vermellos nos que podía lerse “Eu con Enrique” e “Eu con San Vicente”. Tamén amosaban fotografías do estado actual da estrada, cuxo arranxo demandan con urxencia os veciños e o Concello.

 

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button