SanidadeÚltima hora

Acto de benvida en Ourense aos alumnos de sexto curso de Medicina

Cursarán un total de seis meses de formación, baseada na práctica clínica, sempre supervisada por facultativos das distintas especialidades hospitalarias, no CHUO, e de Atención Primaria nos Centros de Saúde docentes de Ourense

Os trinta e cinco alumnos de sexto curso de medicina, que iniciaron súa formación pregrao, nos centros do Servizo Galego de Saúde en Ourense recibían na mañá do 10 de setembro a benvida do conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez. Estes alumnos completarán este período rotando polos servizos hospitalarios e centros de saúde docentes desta Xerencia de Xestión Integrada.

 

Un dos momentos do acto.

Dacordo co actual plano de estudos da Facultade de Medicina de Santiago, os futuros médicos cursarán un total de seis meses de formación, baseada na práctica clínica, sempre supervisada por facultativos das distintas especialidades hospitalarias, no CHUO, e de Atención Primaria nos Centros de Saúde docentes de Ourense.

Os obxectivos destas prácticas son conseguir un axeitado nivel de competencia para a prevención, diagnóstico e tratamento de pacientes e, para elo, rotarán dez semanas polas especialidades da área médica; cinco pola área cirúrxica; e tres, respectivamente, por xinecoloxía, psiquiatría, pediatría, atención primaria , ademais de dous en urxencias ou servizos centrais, como Radioloxía, Medicina Preventiva, Anatomía Patolóxica, etc.

Durante este tempo seguirán un sistema de avaliación continua do seus coñecementos e aptitudes, por un titor responsable, validación que os cualificará para presentarse aos exames de casos clínicos, a realizar ao final da rotación polas diferentes áreas clínicas.

 

Intervención do conselleiro de Sanidade.

 

Para esta aprendizaxe os novos alumnos contan cun equipo docente formado con tres profesores asociados, de Xinecoloxía, Cirurxía e Psiquiatría, aos que engadiranse dous mais en próximas datas, ademais dun centenar de titores e colaboradores docentes nos distintos servizos.

Na súa benvida aos novos alumnos e alumnas, Xesus Almuiña instounos a aproveitar este periodo formativo, ampliando seus coñecementos prácticos, servíndose, para elo, da experiencia do equipo profesional do hospital ourensán, do que destacou súa alta calidade, compromiso e vocación innovadora.

Artigos relacionados

Back to top button