A RúaConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Acto de benvida no Colexio Pablo VI-Fátima da Rúa para iniciar o curso 2021/2022

 

O tempo non acompañou neste inicio de curso, por iso, en vez de agardar no patio o momento exacto de entrar, cativos e pais esperaban nos soportais. Así, entre as nove e as nove e cuarto da mañá deste xoves 9 de setembro entraban os alumnos ás instalacións do Colexio Pablo VI-Fátima da Rúa para comezar a tempada 2021-2022.

Nos momentos de espera, moitos nervios e sobre todo ilusión e alegría entre os pequenos por reecontrarse cos amigos das escola, aínda que tamén houbo algunha que outra bágoa especialmente entre os máis pequenos.

E así, trala benvida por parte do equipo directivo, os primeiros en entrar eran os nenos de Primaria que acompañados polas seus correspondentes profesores deixaban as mochilas na entrada do colexio para dirixirse ata o Salón de Actos onde tiña lugar a benvida oficial a este novo curso no que se manteñen os protocolos covid (grupos burbulla, uso de mascarilla, xel hidroalcohólico,…)

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button