Terá lugar o 22 de xullo a partires das 20h. na Casa Chao do Prao desta localidade de Rubiá
A través das lembranzas, de imaxes, videos ou mesmo actuacións espontáneas farase unha homenaxe moi especial ao clown valdeorrés Paco González, falecido recentemente en Alemaña. Será ademais un acto de despedida a este emblemático actor, un dos promotores na década dos 90 da Familie Flöz, compañía que mesturaba de xeito vangardista o clown coa máscara.
O acto está previsto o vindeiro 22 de xullo a partires das 20h. na Casa Chao do Prao en Vilardesilva (Rubiá). Na convocatoria deste acto, a familia de Paco González agradece as mostras de agarimo recibidas e convida ás persoas interesadas a participar nesta homenaxe.