CulturaCulturaÚltima hora

Acto de ingreso na RAG da poeta ourensá Chus Pato o 23 de setembro

Esta sesión extraordinaria da Academia terá lugar ás 12h. dese día no IES Otero Pedrayo da cidade de Ourense, centro do que foi alumna
A poeta ouensá Chus Pato./ Foto: RAG.

“Baixo o límite” será o título do discurso que a poeta Chus Pato (Ourense, 1955) lerá no seu acto de ingreso como membro de número na Real Academia Galega (RAG) no mediodía do 23 de setembro na cidade de Ourense. Tratarase dunha sesión extraordinaria e pública que se desenvolverá no IES Otero Pedrayo, centro educativo do que foi alumna. O encargado de responderlle, en nome da Academia será o académico Francisco Fernández Rei.

Chus Pato ocupará a cadeira que quedou vacante tras o pasamento do tamén escritor ourensán Xosé Fernández Ferreiro. Esta autora posúe unha das “poéticas máis persoais e vangardistas da literatura actual”, segundo destaca a RAG. A súa é, segundo esta institución, unha voz “renovadora e rupturista que se caracteriza tamén por un fondo compromiso ético. Recoñecida internacionalmente, foi traducida ao español, inglés, portugués, serbio, polaco, alemán, italiano ou árabe clásico, entre outros idiomas, e está presente en antoloxías internacionais como “Poésie en Galice aujourd’hui” (Sources, 1999), “Las poetas de la búsqueda” (Libros del Innombrable, 2002), “New European poets” (Graywolf Press, 2008), “Poeti spagnoli contemporanei” (Edizioni dell’Orso, 2008) ou “To the wind our sails; Iris writers translate Galician poetry” (Salmon Poetry, 2010)”.

Artigos relacionados

Back to top button