PolíticaÚltima hora

Acto de presentación da candidatura da Marea Galeguista ás eleccións do 12X

 

“Transversal e aberta para interpelar” a todos os galegos. Con estas palabras referíase Pancho Casal, candidato á presidencia da Xunta pola Marea Galeguista, á candidatura coa que esta formación concorre ás vindeiras eleccións do 12X no acto de presentación celebrado este domingo no Parque de Galeras en Santiago.

Nel estiveron presentes membros da candidatura polas catro provincias. María Chao, número dous pola Coruña, introduciu a acto, logo tomaban a palabra o cabeza de lista por Lugo, Iván R. Lombardero; e a de Ourense, Milagros Corral, quen se lembrou dos galegos que tiveron que deixar o país “por non atoparen as condicións de posibilidade en Galicia que lles permitisen vivir dignamente”. Corral sinalou que un dos obxectivos da Marea Galeguista é “poñer en marcha una acción política decidida a invertir o devalo demográfico creando oportunidades e garantindo os servizos públicos de proximidade”.

Tras a intervención da cabeza de lista por Pontevedra, a mestra Peque González, pechaba o acto o candidato á presidencia da Xunta de Galicia e número un pola provincia da Coruña, Pancho Casal. Chamaba á participación e sinalaba que a Marea Galeguista, vai “loitar ata a extenuación pola defensa do traballo digno e de calidade, así como pola xustiza fiscal”.

Ademais amosouse convencido de que esta formación política vai ser “decisiva para un gobernó de transición a una nova normalidade máis xusta e sostible”. Concluíu o candidato sinalando que para eles “o máis importante son as persoas deste país e a protección das súas vidas”.

Artigos relacionados

Back to top button