Galerías de fotosOurenseÚltima hora

Acto de presentación do novo presidende da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, José Antonio Quiroga

O acto tiña lugar na tarde do 7 de setembro en Ourense coa presenza do delegado do Goberno en Galicia, entre outras autoridades

 

Un profesional con formación na materia e con vocación e conciencia ecolóxica. Con estas palabras se refería o subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González Afonso, ao novo presidente da Confederacion Hidrográfica Miño-Sil (CHMS), a José Antonio Quiroga, natural do Saviñao (Lugo). Facíao na apertura da presentación oficial do presidente deste organismo de conca, celebrado na tarde do 7 de setembro na Subdelegación do Goberno en Ourense coa presenza de numerosos representantes políticos e de diferentes administracións (local, provincial, galega e estatal) das diferentes zonas españolas relacionadas con esta confederación: 7 provincias de tres comunidades autónomas.

 

Precisamente da complexidade desta demarcación hidrográfica, con dez anos de vida, falaba no seu discurso como presidente José Manuel Quiroga. Unha confederación que agora inicia unha nova etapa. Nela, dicía, será clave a xestión da problemática que supón o cambio climático, así como a concienciación e sensibilización sobre o aforro e a calidade da auga “comenzando polo mundo escolar”, ademais do saneamento e limpeza “dos nosos ríos”. Incidía en que “hai que poñer en valor a calidade da auga”. Xa no remate da súa intervención aludía a súa vocación pola auga e polos ríos, un dos motivos polos que asumíu o reto de presidir a confederación. E tiña expresaba ademais un especial agradecemento a Gonzalo Caballero, secretario xeral dos socialistas galegos.

 

 

O acto clausurábase coa intervención do delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, quen destacou destacou “a formación, capacidade, experiencia, dedicación e paixón” do novo presidente da CHMS. E resaltou a importancia de avanzar na transición ecolóxica “cunha xestión sostible dos recursos naturais” e marcáballe a Quiroga o reto de “acadar o obxectivo do verquido cero ou de depuración 100%”.

 

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button