PolíticaÚltima hora

Acto de presentación dos candidatos socialistas ás municipais na comarca de Ourense

Nel participaba o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, que asegurou que “estamos en condicións de dar o mellor fronte ao pasado que representa o PP”

O centro Aixiña acollía no mediodía do 9 de febreiro o acto de presentación dos candidatos socialistas ás alcaldías dos 18 concellos que conforman a comarca de Ourense. Nel contabáse coa presenza do secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, que asegurou que “estamos en condicións de dar o mellor fronte ao pasado que representa o PP”.

Para o líder dos socialistas galegos, está “nun xiro á dereita” que o leva “de camiño a ningunha parte”. En clave municipal, Gonzalo Caballero vaticinaba que nas eleccións haberá “un ascenso” do PSdeG fronte ao “retroceso” que terá o PP, que perderá a alcaldía da única cidade na que goberna, a de Ourense.

“Os socialistas, cun proxecto progresista, de esquerdas e galeguista, estamos facendo unha grande alianza con esa maioría de galegos que non se quere resignar ás políticas do PP de Feijóo”, finalizou o secretario xeral.

O acto de hoxe serviu para que os candidatos ás distintas vilas da comarca ourensá amosasen os seus proxectos de cara ás vindeiras municipais, tanto no caso dos que xa son alcaldes como dos que non. Precisamente Rafael Rodríguez Villarino, secretario provincial e alcalde de Amoeiro, avanzou que os resultados desta comarca serán “o motor de cambio” para retirar a Baltar da presidencia da Deputación. Pola súa banda, o aspirante á alcaldía de Ourense, José Ángel Vázquez Barquero, chamou a traballar para “dar un cambio” á capital da provincia.

Tamén tomaban a palabra Zaida Rodríguez, de Allariz; Segundo González, de Baños de Molgas; Xosé Carlos Valcárcel, de Barbadás; Manuel Rodríguez, de Coles; Víctor Manuel Pérez, de Esgos; Francisco Xavier Oviedo, de Maceda; Óscar Sánchez, de Nogueira de Ramuín; José Manuel Rodríguez Carrera, de Paderne de Allariz; Jorge Gutiérrez, do Pereiro de Aguiar; Antonio González Fiuza, da Peroxa; Bibiana Iglesias, de San Cibrao das Viñas; Álvaro Vila, de Taboadela; María Alida Iglesias, de Toén; María de los Ángeles Rodríguez, de Vilamarín; Bieito Ledo, de Xunqueira de Ambía; e José Carlos Rivera, de Xunqueira de Espadanedo.

Artigos relacionados

Back to top button