EconomíaEconomíaÚltima hora

Acto de recollida de sinaturas do Colectivo de Pensionistas de Valdeorras no Barco

Piden apoio para demandar a rebaixa do IVE na factura eléctrica nas pensións máis baixas

Na praza do Concello do Barco o Coletivo de Pensionistas e xubilados de Valdeorras recollía este martes 26 de febreiro sinaturas dos veciños pola procura da rebaixa do IVE na factura eléctrica nas pensións máis baixas. Pola de agora nesta campaña levan xa reunidas unhas 150, segundo indican.

Ademais este colectivo volverá a poñer a mesa os días de feira 6 e 7 de marzo, feira no Barco e na Rúa, respectivamente. A partir das 12 horas estarán na rúa Elena Quiroga de Abarca de Viloira, e ao día seguinte na Rúa na praza do concello á mesma hora.

 

Artigos relacionados

Back to top button