OurenseÚltima hora

Acto de repulsa contra o crime da Pastoriza na Subdelegación do Goberno en Ourense

 

Ante a Subdelegación do Goberno en Ourense tiña lugar ás 12h. deste 27 de xaneiro unha concentración e un minuto de silencio polo asasinato da veciña da Pastoriza (Lugo), Manuela Iglesias, de 79 anos. No decurso deste acto o Subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González Afonso, fixo un chamamento a toda a sociedade para non baixar a garda e para seguir loitando contra a lacra social que representa a violencia de xénero.

Trala homenaxe, na que participou un nutrido grupo de persoal da Subdelegación, así como diversos mandos policiais e cidadáns anónimos que quixeron sumarse, Emilio González condenou este crime machista perpetrado o sábado na Pastoriza.

O subdelegado manifestou “a repulsa de toda a sociedade ourensá e galega ante este novo crime machista”, que supón a primeira vítima de violencia de xénero no 2020 en Galicia e que incrementa o número de vítimas ata seis no que vai de ano en España. Por iso, fixo fincapé na necesidade “da loita da cidadanía e do fomento dende as institucións dunha convivencia en igualdade e respecto como únicos camiños para poñer fin a esta lacra social”.

Artigos relacionados

Back to top button