Galerías de fotosPolíticaÚltima hora

Acto do BNG en Trives en defensa dunha Tarifa Eléctrica Galega

Instalábase unha mesa informativa no centro da vila, na que se contaba coa presenza da deputada ourensá Noa Presas

Co fin de dar a coñecer a proposta dunha Tarifa Eléctrica Galega e doutras medidas para democratizar o acceso á
enerxía, e impulsar que ésta sexa motor de desenvolvemento económico, o BNG instalaba na mañá do 26 de xaneiro unha mesa informativa na praza do Pilón, no centro da vila da Pobra de Trives. Neste acto, no que se recollían sinaturas de apoio, participaban un grupo militantes e simpatizantes nacionalistas, que estiveron acompañados pola deputada Noa Presas.

Presas adiantaba que o BNG defenderá o próximo martes no Pleno do Parlamento Galego unha Lei de Modificación do Sector eléctrico para impulsar unha Tarifa Eléctrica Galega e medidas para “os fogares máis vulnerábeis”. Ademais incidiu na “necesidade de que Ourense, en declive económico e poboacional, se beneficie do seu papel produtor. Por exemplo, debemos beneficiarnos por ter máis do 50% da gran hidráulica de Galiza instalada en Ourense, non se pode permitir que na proximidade de grandes encoros como o de Chandrexa haxa xente que nestes días de frío pase dificultades para quecer a casa ou que as producións agrogandeiras vexa na factura da luz un risco para a súa quebra económica”.

A parlamentaria nacionalista insistía en que “noutros países de Europa hai tarifas diferenciadas segundo esteas máis ou menos próximo á zona onde se xera a enerxía, pois o máis custoso é transportala; é un disparate que producindo Galiza un excedente de arredor do 35% non teñamos beneficio nas peaxes como propón o BNG” e que ademais “esta sería unha forma de incentivar a fixación de poboación que non podemos obviar cando a comarca perdeu máis de mil persoas desde 2019”.

Artigos relacionados

Back to top button