PolíticaÚltima hora

Acto electoral do PSdeG na Mezquita

 

Na tarde deste 26 de xuño a Casa da Cultura da Mezquita acollía un acto electoral do partido socialista que contaba coa presenza da cabeza de lista do PSdeG por Ourense nas eleccións galegas, Marina Ortega, así como do número 2, Juan Carlos Francisco, e do secretario provincial dos socialistas.

O acto abríao o voceiro do PSdeG na Mezquita, José Rodríguez. E nas diferentes intervencións os socialistas ourensáns poñían en valor “un proxecto progresista encabezado por Gonzalo Caballero no que primen a sanidade e a educación de carácter público, a fin da precariedade laboral e unha serie de políticas sociais para que ninguén quede atrás”.

Artigos relacionados

Back to top button