ConcellosO BarcoÚltima hora

Acto festivo no Casino do Barco para entregar os carnés aos seus socios

Tiña lugar na tarde do 13 de setembro e incluía unha degustación e o concerto de Sito Trío

 

A Sociedade Casino do Barco daba a coñecer á súa nova xunta directiva o pasado 16 de febreiro. Sete meses despois este equipo, que preside Pablo Dobao, facíalle entrega dos carnés aos seus socios nun acto que se enmarcaba dentro do contexto das Festas do Cristo e que se celebraba na sede da entidade, xusto ao inicio do Paseo do Malecón.

 

 

Este acto, que se desenvolvía na tarde do 13 de setembro mantendo todas as medidas de seguridade sanitarias fronte ao Covid, ía seguido dunha degustación que incluía diversos pinchos. Ademais contábase coa presenza dun cortador de xamón e tampouco faltaba a música, que chegaba da man do grupo valdeorrés Sito Trío.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button