ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Acto no Concello de Rubiá contra a violencia de xénero

Os nenos do CEIP Plurilingüe Virxe do Camiño recibiron un libro dos Bolechas titulado "En Rubiá somos iguais"

 

Dun xeito moi especial e orixinal celebraban en Rubiá o 25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Na mañá deste luns, os alumnos do CEIP Plurilingüe Virxe do Camiño acercábanse ata a casa do Concello e alí, dende os Servizos Socias entregábanlle a cada neno un libro dos Bolechas que leva por título En Rubiá somos iguais. Unha bonita forma de fomentar a igualdade dende idades temperás, da man deses simpáticos personaxes creados por Pepe Carreiro.

 

Portada do libro dos Bolechas.

 

Esta é unha actividade, xunto coas que xa se fixeron no verán, que leva a cabo o Concello de Rubiá no marco das actividades de promoción subvencionadas pola Secretaría Xeral da Igualdade.

Fotos cedidas

Artigos relacionados

Back to top button