OurenseÚltima hora

Acto no Espazo de Lecer de Ourense en memoria de Benito Losada

Mañá presentarase a petición de apertura dun expediente de honra ao que fora director e alma mater da Casa da Xuventude
Asistentes ao acto de Rosalía de Castro na Casa da Xuventude de Ourense.
Asistentes ao acto de Rosalía de Castro na Casa da Xuventude de Ourense.

Mañá venres día 6 de marzo ás 11:30h. a Asociación Proxecto Benito Losada presentará na Biblioteca da Casa da Xuventude de Ourense, agora Espazo Xove, a iniciativa de petición de apertura dun expediente de honra a Benito Losada por parte do Concello de Ourense, contando coa presenza de Millán Brea, autor da primeira tese sobre a Casa da Xuventude para documentar brevemente a historia da mesma derivada da xestión de Benito.

Ao acto están tamén convidados o alcalde de Ourense Agustín Fernández como presidente da Corporación municipal e os grupos políticos presentes na mesma “por representar a vontade popular tal cara ao noso amigo Benito que fixo dela o modelo de xestión da Casa da Xuventude de Ourense e aos que irá dirixida a solicitude” explican dende a fundación.

Artigos relacionados

Back to top button