ConcellosÚltima hora

Acto polo Día internacional contra a violencia de xénero, no Carballiño

Centros educativos, entidades e asociacións participan este venres na iniciativa organizada polo Centro de Información da Muller
A concelleira de Benestar, Igualdade e Saúde do Carballiño.
A concelleira de Benestar, Igualdade e Saúde do Carballiño.

O alumnado dos centros educativos, a Escola Infantil Trastes, Bo Día Familia, Cruz Vermella, ASPADISI, ASDIFICA, Conservatorio e Asociacións de Mulleres, participarán no acto solidario e reivindicativo polo Día internacional contra a violencia de xénero que o Centro de Información da Muller do Concello do Carballiño organiza para este venres, 25 de novembro ás 12 no Salón de Plenos.

No acto de presentación, a concelleira de Benestar, Igualdade e Saúde, Marina Ortega convidoua a toda a veciñanza para que “asista a este acto como mostra de solidariedade coas persoas que sufren calquera tipo de violencia de xénero”, dixo, presentando asemade o resto da programación prevista para conmemorar esta efeméride mundial.

Así, o 29 de novembro terá lugar un coloquio, co tema “A orixe da violencia de xénero: adolescencia”, coa intervención dos ponentes Patricia Gómez Salgado, investigadora e docente na facultade de Psicología da USC, e Albino Ferreira Rivera, avogado. O coloquio celebrarase no salón de plenos ás 20 horas. O 30 de novembro terán lugar no IES Chamoso Lamas unhas charlas informativas a cargo do persoal do Centro de recuperación integral para vítimas de violencia de xénero sobre as consecuencias desta violencia nas mulleres, nos nenos e nas nenas e pautas para a súa abordaxe. Finalmente, o 16 de decembro reunirase a Mesa de coordinación para a mellora da atención ás vítimas de violencia de xénero.

Artigos relacionados

Back to top button