PolíticaÚltima hora

Acto público do BNG en Viana do Bolo

 

O entorno do emblemático entorno da torre do castelo de Viana do Bolo era o lugar escollido para o acto público que o BNG celebraba ás 20h. deste martes 7 de xullo nesta vila. Era o alcalde vianés, Secundino Fernández, quen abría o turno de intervencións, no que tomaban a palabra tres dos membros da lista coa que a formación nacionalista concurre pola provincia de Ourense ás vindeiras eleccións galegas do 12 de xullo.

O rexedor vianés sinalaba os “numerosos motivos polos que as lexislaturas de Feijoo sempre olvidan ao rural”, e de forma máis específica no que atinxe ao concello de Viana do Bolo, destacando as eivas que veñen sufrindo os sectores agro-gandeiro, forestal e de estruturas e vías de comunicación, entre outros.

Seguidamente tomaban a palabra, por esa orde, Raquel Fernández da Gudiña (número 13 da lista), o tenente de alcalde de Verín, Diego de Lourenzo (número 4) e o avogado ourensán Iago Tabarés (número 2 da candidatura).

Raquel Fernández afirmaba que nos venden a chegada do AVE coma a panacea, pero non o é”, apelando igualmente ao non desmantelamento dos servizos nas zonas rurais, e chamou a votar para un cambio necesario.

Diego Lourenzo destacaba a importancia da forza do pobo como motor de cambio, algo que xa se comprobou coa mobilización popular en Verín contra o peche do paridoiro, “pechado por Feijóo e recuperado pola xente da comarca”.

Finalmente, durante a intervención do número dous da candidatura por Ourense, Iago Tabarés, este sinalou a soberanía do pobo galego para decidir que o 12 de xullo Galiza teña unha presidenta nacionalista, e salientou os recursos do país e o traballo das parlamentarias. Tabarés referiuse a Pontón coma “a mellor presidenta que merece o noso país, unha presidenta do medio rural e feminista”.

Fotos cedidas.

 

De esquerda a dereita: Iago Tabarés (candidato), Raquel Fernández (candidata), Diego Lourenzo (candidato), Secundino Fernández (alcalde de Viana), Graciela Diéguez (concelleira de Cultura de Viana).

Artigos relacionados

Back to top button