PolíticaÚltima hora

Acto simbólico do BNG en Viana contra a moción de censura neste Concello

 

Xunto á torre de homenaxe de Viana do Bolo, un dos lugares máis emblemáticos da vila, tiña lugar ás 11:30h. deste sábado 29 de agosto un acto simbólico contra a moción de censura do vindeiro 1 de setembro neste Concello.

Este acto contaba coa presenza do alcalde nacionalista de Viana, Secundino Fernández, así como dos seus tres concelleiros, ademais de membros da dirección tanto Nacional como Comarcal do BNG. Entre os asistentes, que portaban pequenas pancartas con lemas como “Viana non se vende”, estaban as deputadas galegas por Ourense, Noa Presas e María Albert (pendente de tomar posesión), así como o alcalde da Mezquita, Rafael Pérez.

“Dada a situación pola que atravesamos polo Covid, quixemos facer un acto reducido, pese a que había moita xente con interese por estar”, comentaba o rexedor vianés.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button