ConcellosÚltima hora

Actos na honra a San Roque, na Rúa Vella

Este ano as festas de San Roque na Rúa, veñen con máis forza que nunca, mantendo o mesmo esquema e ilusión de tódolos anos.
O día propio de San Roque, o sábado 16 de agosto, celebrarase unha misa ás 11h. na capela do Campo de San Roque, pero non será ata a seguinte semana cando comecen as festas propiamente ditas, con actividades que se desenvolverán do 21 ao 25 de agosto.
O día grande será o 24 de agosto, no que se sacará en procesión a imaxe do santo polas localidade

Procesión de San Roque na Rúa Vella./ Foto: Mónica G. Bellver.
Procesión de San Roque na Rúa Vella./ Foto: Mónica G. Bellver.
Coma xa vén sendo costume o grupo de teatro A Ruada, marca o inicio da programación festiva, coa representación prevista para o xoves día 21 na praza César Conti. O sábado 23 de agosto, a música dunha charanga anunciará cun pasarrúas o comezo dunha nova xornada festiva.

Despois de xantar, en torno ás 16h. celebrarase o campionato de tute por parellas na praza César Conti. A praza será tamén o punto de partida dunha das actividades máis significativas e nomeadas das festas de San Roque; a Volta Ecolóxica. Ás 19h. os participantes, dende nenos ben pequenos ata xente de idade avanzada, ataviados cos disfraces máis chamativos e e orixinais, subirán ás bicicletas para comezar o percorrido por algunhas das rúas da vila ata rematar no Campo de San Roque.

No mesmo campo, a partires das nove da noite comezará o baile amenizado pola orquestra Pontevedra en sesión de tarde e tamén verbena a partires da unha da madrugada.

O domingo 24 de agosto, será o día grande das festas que estará ambientado pola Banda de Música de Paradela que fará un pasarrúas e acompañará na procesión que levará a imaxe de San Roque dende a igrexa onde terá lugar a misa solemne prevista para as 12:30h.

Máis información na edición en papel do Especial Festas de Agosto do Periódico O Sil

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button