OurenseÚltima hora

Actuación de Sarabela Teatro o xoves 27 de agosto en Barbadás

A actividade será ás 21h no Parque dos Patos da Valenzá

O Concello de Barbadás prosegue coa súa axenda cultural para os meses de estío co programa “E no verán…? Refréscate coa cultura”. O vindeiro xoves, 27 de agosto, o Parque dos Patos da Valenzá acollerá unha actuación do grupo Sarabela Teatro, ás 21:00h. O espectáculo leva por nome “Crónicas do Paraíso” e enmárcase dentro da Rede REAOU (Rede de Auditorios Provincial de Ourense) que este ano permite a programación de eventos na rúa como medida excepcional fronte á Covid-19. A actuación é apta para todos os públicos.

“Crónicas do Paraíso” está inspirada na obra “Crónicas do Sochantre”, do escritor galego Álvaro Cunqueiro. Narra a historia de Madame de Nancy, Clarina e Xan Dorne, que viaxan ao funeral de Madame Quelven acompañados polo clérigo Sochantre. Durante a noite que pasan xuntos confúndese a vida coa morte e o drama coa comedia. A forza do capital, da igrexa e do negocio escuro colocan aos personaxes nunha situación irónica na que a eternidade acaba por afirmarse como a máis pura recompensa da impunidade xudicial.

 

Cartel da actividade. / Foto: cedida.

Artigos relacionados

Back to top button