CulturaCulturaGalerías de fotosMúsicaÚltima hora

Actuación de saxofonistas barquenses en Ponferrada

Os alumnos do Conservatorio e da Escola de Música do Barco tocaban pezas solistas, pero tamén en conxunto o 12 de maio

Apenas tres semanas despois de que os alumnos da aula de saxofón do Conservatorio Cristobal Halfter de Ponferrada ofreceran un concerto-audición no Teatro Lauro Olmo do Barco, os estudantes do conservatorio e da escola do Barco devolvíanlles a visita. Actuaban na cidade berciana na tarde do 12 de maio. Os saxofonistas barquenses tocaban pezas como solistas, pero tamén en conxunto, dirixidos por Manuel Prada Ramos.

O concerto finalizaba cun tema interpretado de forma conxunta cos alumnos ponferradinos. En concreto tratábase do “Mambo” número 5 de Pérez Prado. Esta actuación enmárcabase no intercambio das aulas de saxofón do Conservatorio de Ponferrada e da Escola e do Conservatorio do Barco.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button