ConcellosÚltima hora

Actuación de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre o 4 de xaneiro en Viana

Comezará a partir das 20h. na Casa da Cultura desta vila

Xabier Díaz, nun concerto cos irmáns Álvarez e as Adufeiras de Salitre./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A Casa da Cultura de Viana do Bolo acollerá o vindeiro 4 de xaneiro a partir das 20h. un concerto de Xabier Díaz, no que estará acompañado polos irmáns Álvarez, de Trives, e polas Adufeiras de Salitre. Na súa actuación interpretará temas de “Noró (Algunhas músicas do norte) Músicas de Salitre 2018”, o seu último disco.

Este concerto forma parte da programación de Nadal do Concello de Viana do Bolo.

 

Artigos relacionados

Back to top button