CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Actuación do grupo Los Íñigos no Barco para presentar o SilFest

Terá lugar este sábado 8 de xuño ás 20:30h. no Café Teatro Bajo 5 desta vila valdeorresa
O grupo Los Íñigos durante unha actuación./ Foto: Mónica G. Bellver.

Tras a presentación ante os medios de comunicación o 7 de xuño, a organización do SilFest Valdeorras 2019 presentará o festival ao público en xeral neste sábado 8 de xuño cunha actuación do grupo local Los Íñigos. Está prevista para ás 20:30h. no Café Teatro Bajo 5 (praza do Sagrado) no Barco.

En caso de chuvia, a actuación trasladarase ao salón de actos do Edificio Multiusos do Concello do Barco. Ademais do concerto, faranse sorteos entre os asistentes de dous abonos para o SilFest Valdeorras, que se celebrará na primeira fin de semana de xullo ás beiras do Sil, no Malecón barquense.

 

Artigos relacionados

Back to top button
Close